chamo diario pero para nada vai ser o meu diario collerei esperiencias miñas de amigas e de todos e crearei un personaxe que conte esas esperiencias
chamase laura e ten 17 anos unha adolescente que vive nunha pequena cidade
os seus rasgos: e baixa quizas mais de debido non é que teña unha figura esbelta ,esta rechoncha ,ten coma moitos aparato de dentes e polo demais e coma moitos
sentada nun banco da cidade observa como dous vellos miranse sen dicir nada , sen pensar nada aparentemente dous descoñecidos , pero que sabe se se coñecen ,a vella agarra o bolso como se non se fiara do descoñecido , e o vello esta tan esacrallado que non pode xa nin cambiar a posicion da sua vista ,estan tan escarallados que poderian quedarse ali toda a sua vida, eu sentiame como acoplada coma se estivera entre dous enamorados ,con ganas de deixalos ali a ver que pasaba , pasei toda a tarde ali sentada mirando como miraban o ver que o sol xa se ia o vello decidiu irse tamen de súpeto a vella cambiou de cara , quedoulle a cara de pena coma se non quixese que se fora , coma se estivera nerviosa ,coma se non se non se fiaba xa que agarrou mais forte o bolso ata que quedou sen folgos .o vello pasau o lado da vella e saudouna cun ata maña tan doce que a vella arrugouselle mais a cara cun leve sorriso non sei de que se coñecian pero o caso e que se coñecian de algo notbaselle . eu marchei a vella seguia ali seguramente esperara ata o dia seguinte , ata que volvera o vello.
o dia seguinte volvin non sei por que pero queria ver se eles tamen volvian , a vella estaba ali cun abrigo moi quentiño facia tanto frio que se lle conxelaba os ollos , o vello chegou despaciño e sentou ,esta vez nin se saudaron , so se saudaban o marchar non sei por que por vergoña ou asi ... non se oia nada . non se veia nada , eran miradas xelidas coma ese dia . facia tanto frio que tiven que marchar , eu non fun tan forte coma eles e marchei ,deixeinos a eles soiños , xa andiven uns bos pasos cando decidin mirar e vin o mais fermoso xuntaronse estaban falando e o vello dandolle calor co seu esqueletico brazo foi moi fermoso moito ... non volvin mais non queria molestar ademais doeriame saber que si un dia vou e non os vexo unha pena amargariame o pensar que morrerian se deixarian ou unha enfermidade chamada anceimer atacaranos

No hay comentarios:
Publicar un comentario